Saltar ao contido

Arame de Kirschner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agullas de Kirschner extraídas tras a fixación dunha fractura de Colles

As agullas de Kirschner (AK) son agullas longas e finas, de punta afiada, esterilizadas, feitas xeralmente de aceiro inoxidable. Son de diversos diámetros e lonxitudes, utilizadas habitualmente en traumatoloxía e ortopedia. Colócanse habitualmente con axuda dun motor. Foron introducidas como ferramenta cirúrxica por Martin Kirschner en 1909.

Indicacións

[editar | editar a fonte]

As AK teñen múltiples usos. Algúns deles son:

  • Manter fixos fragmentos óseos a través da pel (osteosíntese percutánea).[1]
  • Estabilizar temporalmente unha fixación interna, como unha placa de osteosíntese, até a súa fixación definitiva.
  • Realizar unha osteosíntese intramedular (por exemplo no peroné ou o cúbito).
  • Ancorar unha tracción transesquelética.

Complicacións

[editar | editar a fonte]
  • Infección: sobre todo ao usarse como fixación percutánea de fragmentos óseos, xa que isto implica unha comunicación entre a pel e o óso.[1]
  • Rotura das agullas: sobre todo no caso de que a fractura non cure correctamente (pseudoartrose).[2]
  • Migración das AK: En lugar de saír cara á pel, as agullas poden migrar ao interior do corpo.[3]
  1. 1,0 1,1 "K Wire Fixation of Hand Fractures" (pdf). sussexhandsurgery.co.uk (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2015. 
  2. Finsen, V; Hofstad, M & Haugan, H. (2007-08). "A rare complication in scaphoid pseudoarthrosis: intraarticlar migration and breaking of Kirschner wire [Abstract Injury 2006;37(9):854–9]". Injury (en inglés) 38 (8): 988–989. doi:10.1016/j.injury.2007.04.011. (require subscrición (?)). 
  3. "Migration of a Kirschner Wire From the Clavicle Into the Intrathoracic Trachea" 88 (2): 653–654.